Entregados os premios do concurso de disfraces de entroido na categoría adulta

O xurado do concurso de disfraces do entroido 2020 entregou onte os premios da categoría adulto desta edición.

Composto polas deseñadoras ponteareás Sandra Táboas e Ana Belén Ledo acompañdas de Isaac Guedes e Sofía Rodríguez, valoraron os trece disfraces que desfilaron de acordo cos criterios de maquillaxe, interpretación, feito a man e orixinalidade, entre outros aspectos e decidiron conceder os seguintes premios:

1º premio corresponde “Lukinbetta” de Javier Paz Novas.

2º premio corresponde “Dragón con noces” de Elena Martínez Álvarez.

3º premio para “A enmascarada que reflexa a súa besta” de paula Moares Pineiro.

4º premio para “Xardín veneciano” de Rosa Costas.

5º premio para “Dama do reciclaxe” de Patricia Gandara Iglesias.

6º premio para “Arco da Vella” de Olga Pérez Rodríguez.

A concellería de Eventos, que dirixe Cristina Fernández, no nome do equipo de goberno agradece a tódolos e tódalas participantes a súa colaboración, bo humor e creatividade contribuíndo na difusión e prolongación desta tradición.