Entrega de diplomas do curso “Teatro” en Fozara

A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, a tenenta de alcalde Cristina Fernández e a deputada de Cultura, María Victoria Alonso entregaron os diplomas do Curso “Teatro” do programa conectadas da Deputación de Pontevedra no que participaron preto de quince persoas.

O programa “Conectadas” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuir a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. 

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.