Nas últimas semanas viñéronse entregando nas diferentes parroquias do concello de ponteareas a entrega dos diplomas do programa de servizos sociais e emprego, da deputación de pontevedra, dos programas de pensa en ti, ti tamén contas, pertencentes ao ano 2013. nestes actos de entrega asistiron o alcalde de pontearas, salvador gonzález solla, a deputada provincial, dona marta iglesias, ademáis das concelleiras de servizos sociais, marisol valado e rosa carrera.
Tanto para a xunta de galicia, como para a deputación de pontevedra e o concello de ponteareas, convértese nun dos seus principais obxetivos o destinar recursos de cara a manter o meirande número de accións formativas, que permiten que 25 asociacións se beneficiaran polo programa da deputación de pontevedra, pensa en ti e ti tamén contas, con case 500 participantes.
Para as asociacións ademáis de contribuir ao aprendizaxe, a un mantemento físico, psíquico,…de entre outros, tamén se convérten, estes cursos, nun vehículo importantísimo para facer “parroquia”, xuntando aos veciños e veciñas nesas reunións, “no que podería chamar sociais e que non se debería permitir que decaian, xa que achegan aos veciños, que tan comúns foron fai anos e que non deberíamos permitir, en ningún momento, que decaian”,.
Dende a deputación de pontevedra estase a facer un gran esforzo, apoiando e axudando, neste caso, as asociacións, a través dos programas de servizos sociais, ademáis de fomentar o emprego. así como tamén, dende o concello de ponteareas lévase traballado neste senso, pondo en marcha unha rede de casas culturais, impartir cursos propios.
Próximamente presentaranse as novas accións formativas que foron solicitadas e concedidas as asociacións deste concello, conseguindo con elo un dos obxetivos principais como é o de facer parroquia, xuntanto a todos os veciños e veciñas.