Entra en funcionamento a sede electrónica do Concello de Ponteareas

sede

O Concello de Ponteareas, coa finalidade de achegarse ao cidadán e facer máis axil e doada a comunicación entre a veciñanza e a administración, puxo en marcha o funcionamento da súa sede electrónica.

O alcalde do Concello de Pontearas, Salvador González, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Novoa, presentaron o luns, día 23 de febreiro, a posta en marcha da sede electrónica do Concello de Ponteareas.

Desprazarse ata o Concello de Pontearas para solicitar un volante de empadroamento ou ter que achegarse ata o  Rexistro municipal para entregar unha instancia xa non será necesario posto que estes trámites xa se poderán realizar desde a sede electrónica do concello, a través de  https://sede.ponteareas.es, ou desde a páxina oficial do concello www.ponteareas.es. Ademais, na Carpeta do Cidadán, pódese obter información sobre os expedientes abertos realizados polos cidadáns.

Desde esta plataforma poderase acceder aos sevizos electrónicos que o concello pon a disposición dos veciños para poder realizar os trámites durante as 24 horas dos 365 días do ano, cun nivel superior de garantías e seguridade nos contidos e trámites electrónicos.

Cuns simples clicks os veciños poderán obter un volante de empadronamento ou rexistrar unha instancia de forma sinxela.  Establécese, pois, unha nova forma de relación entre o administrado e a Administración, podéndose presentar por vía

 

telemática os documentos sinalados.  Así mesmo, en breves  datas, o concello dará un paso máis e porá a disposición dos veciños novos trámites on line para lograr unha xestión máis aberta e eficaz e unha relación máis áxil e directa coa cidadanía.

Os únicos requisitos necesarios para facer estes trámites vía telemática  son ter un ordenador con sistema operativo Windows, ainda que en breve estará dispoñible para sistemas Linux, e Mac(Mountain lion en adiante), conexión a internet e unha pegada dixitail emitida por Autoridades Certificadoras recoñecidas (por exemplo eDni e FNMT).

O Concello de Ponteareas como administración pública, na procura do achegamento da Administración ao cidadán, pon en marcha este sistema que permitirá un fácil ácceso para a realización de trámites, sen a necesidade de desprazarse ata o Concello, producíndose, ademais, un aforro de tempo nas xestións, evitando tempo de esperas e, sobre todo, a administración electrónica supón un avance importante na realización de trámites para aquelas persoas con mobilidade reducida, que poderán realizar as súas xestións a distancia.