Enquisa: Onde consideras que se debería ubicar o novo parque deportivo de Calistenia / Street Workout?

A Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, está estudiando instalar nun futuro próximo un parque deportivo de CALISTENIA / STREET WORKOUT, unha instalación deportiva a base de barras de diferentes lonxitudes e diámetros que se converte nunha especie de ximnasio ao aire libre. Trátase de disciplinas centradas nos músculos co fin de desenvolver axilidade, forza física e flexibilidade. A intención da concellería é dar resposta á demanda existente destas instalacións por parte da xente nova da nosa vila, e dotala de mellores instalacións deportivas, abertas e gratuítas.

Dende a concellería gustaríanos contar coa opinión dos veciños para a súa ubicación, para o que plantexamos unha enquisa para que todos aqueles que o desexen poidan deixarnos o seu parecer sobre o lugar máis idóneo onde este circuíto deportivo debería ir, en aras de fomentar a transparencia e a participación.
Prema aquí para cumprimentar a enquisa