Este venres, día 30 de maio, levarase a cabo en Ponteareas o Encontro de escritores en lingua galega de temática ponteareá, baixo o lema ” A importancia de difundir o local”, no que se tratará sobre a necesidade e o importante que é para a cultura local a súa difusión escrita. Nesta reunión participarán os escritores Francisco Candeira Mosquera, Alfonso Pexegueiro González, Anxo Serafín Porto Ucha, Clodio González Pérez, Estanislao Fernández de la Cigoña, Manrique Fernández Vázquez e Xoán Martínez Tamuxe, moderando o encontro Andrés Sampedro Fernández, concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas. Levarase a cabo ás 20:00 horas na sala de usos múltiples da Biblioteca Pública Municipal.
Con esta actividade péchase a programación do “Mes de Maio, Mes das Letras”, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, co obxectivo de difundir a lingua galega entre a sociedade.