En Ponteareas en cuestión de biorresiduos ‘Ti tes a chave’

En Ponteareas en cuestión de biorresiduos ‘Ti tes a chave’

O Concello pon en marcha unha campaña de divulgación do proxecto piloto de recollida de biorresiduos no centro urbano da vila

Será cunha carpa informativa na Praza de Bugallal este mércores 14 e sábado 17 de decembro de 10.30 a 13.30 horas

O Concello de Ponteareas quere seguir concienciando á veciñanza sobre unha correcta xestión do lixo, en especial dos biorresiduos. Neste camiño e baixo o lema ‘Ti tes a chave, este mércores 14 e sábado 17 de decembro a Praza de Bugallal acollerá unha carpa informativa coa que se achegará ao público xeral o proxecto piloto de recollida de biorresiduos posto en marcha para o centro urbano da vila. A carpa estará aberta á veciñanza estes dous días de 10.30 a 13.30 horas.

Con este proxecto, financiado con fondos europeos Next Generation EU a través das axudas a entidades locais, o Concello de Ponteareas continúa dando pasos “para dar cumprimento á lexislación de recollida en materia de biorresiduos, que establece a obrigatoriedade da súa separación en orixe”, como explica a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo.

A través desta experiencia piloto, o Concello levará a cabo a recollida da fracción biorresiduos, restos de alimentos e vexetais, por medio do quinto colector empregando un sistema de apertura controlada.

“Esta iniciativa é un paso máis na aposta do Goberno municipal pola economía circular, eliminando do lixo unha importante cantidade de residuos que podemos reutilizar elaborando compost de calidade e traballando con medidas que supoñen un importante beneficio medioambiental”, destaca a edil.