O xurado da XLVIII edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas acordou conceder o Primeiro Premio ó grupo “EFECTO POLILLA” de Teo (A Coruña). Dito cuarteto estaba composto por Xexús Rodríguez Callejón, Pablo Dalama Piñeiro, Miguel Anxo López Buján e Ricardo González Martínez.
O segundo premio correspondeulle ó grupo “LUDOVAINA”, de Cangas.
O terceiro premio, foi para o grupo “VIRUTAS DE ÉBANO”, de Vigo.
O cuarto premio, foi para o grupo “MARAGHOTAS”, de Vigo.
O Concello de Ponteareas adicou esta edición do concurso de gaitas e entregou un diploma honorífico , a título póstumo, a D. Constante Ledo Sobrino ( Cristiñade 1920 – 2008), percusionista, e membro da Banda de Música de Cristiñade, do Rancho de Reis de Cristiñade, da Banda de Música de Guláns e do grupo de Gaitas “Anduriñas de Cristiñade”, entre outros. Recolleu o diploma o seu fillo, Rodolfo Ledo Ledo.
Sinalar que participaron un total de quince grupos, o número máximo de acordo coas bases do concurso. A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista quixo “agradecer a todos os grupos a súa participación e animar a que sigan participantes nas sucesivas edicións no que xa está considerado o máis importante Concurso de Gaitas a nivel do país”.