A celebración do “Concurso de Gaitas”, é xa unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, acadándose este ano a súa 48 edición que o consolida como o certame de música tradicional de máis amplia traxectoria en Galicia.
Esta edición contará cun total de 17 grupos. Cómpre sinalar que no apartado 4º das bases establécese que o número máximo de participantes será de quince grupos, polo tanto, dous grupos están na reserva á espera de que se poida producir algunha baixa de última hora.
Este ano o concurso desenvolverase na xornada do domingo, día 20 de setembro; iniciándose o mesmo ás 10:30 h. co pasacalles dos grupos participantes dende a Casa do Concello ao Auditorio Reveriano Soutullo, onde ás 11:00 h. dará comezo o XLVIII Concurso de Gaitas de Ponteareas.
O Concello de Ponteareas aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00.-euros en concepto de actuación.
Os premios son de relevancia, e mantéñense, a pesar das difucultades económicas polas que atravesamos, grazas á aposta decidida da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista Fernández, a favor da música tradicional e popular de Galicia, que atopa neste certame, o máis antigo e prestixioso de Galicia, unha das súas expresións máis consolidadas.
Neste concurso entregaranse os seguintes premios:
Primeiro Premio: 1.800,00.-euros
Segundo Premio: 1.200,00.- euros
Terceiro Premio: 900,00.-euros
Cuarto Premio: 600,00.- euros