Ducias de persoas concéntrase en Ponteareas polos dereitos da comunidade LGBTQ+

Ducias de persoas concéntrase en Ponteareas polos dereitos da comunidade LGBTQ+

 

A plataforma POD Ponteareas foi a encargada de ler o manifesto en conmemoración do Día Internacional do Orgullo

 

Ducias de persoas concéntrase en Ponteareas polos dereitos da comunidade LGBTQ+Ducias de persoas concentráronse este luns 28 diante da Casa do Concello de Ponteareas para conmemorar o Día Internacional do Orgullo, unha xornada que busca reivindicar os dereitos da comunidade LGBTQ+, loitar pola diversidade e denunciar as actitudes homófobas. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila; a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera; o edil de Mocidade, Miguel Bouzó; e outros membros da corporación municipal quixeron estar presentes neste acto organizado en colaboración coa plataforma POD Ponteareas, unha agrupación creada recentemente que xorde das inquedanzas da veciñanza no activismo LGBTQ+.

 

Persoas integrantes desta plataforma foron as encargadas de dar lectura ao manifesto entre carteis con lemas como ‘Celebra a diversidade, a liberdade e o amor’, ‘Amor é amor, pero case ninguén o entende’, ‘O amor é a mellor forma de expresarnos’ ou ‘O noso é amor, o voso é odio’. O acto rematou coa actuación do transformista cómico Rianxeira, na que mesturou humor e reivindicación nunha xornada tan sinalada.

 

Os actos do Día Internacional do Orgullo completáronse cun novo mural na rúa dos Ferreiros creado por persoas integrantes de POD Ponteareas e que xa permite visibilizar a loita polos dereitos deste colectivo dende a N-120.

 

Ducias de persoas concéntrase en Ponteareas polos dereitos da comunidade LGBTQ+