Dos teatros máis afamados do mundo ao escenario do parque da Feira Vella, este domingo concerto da soprano Teresa Novoa e do tenor Javier Palacios

A concellaría de Eventos convida a gozar da zarzuela e da ópera na Noite Lírica que terá lugar este domingo día 6

A soprano e catedrática de canto ponteareá Teresa Novoa ofrecerá este domingo día 6 ás 20:30 horas un concerto no parque da Feira Vella dentro da programación cultural e festiva do mes de setembro.

Nesta noite lírica, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, estará acompañada polo tenor Javier Palacios e a Orquestra Vigo 430 dirixida por Carlos RR.

A concelleira de Eventos, Cristina F. Davila, convida a toda a cidadanía a gozar das arias e duos de ópera e zarzuela máis representativos deste xénero tendo a ocasión única de escoitar na voz dunha das sopranos máis salientables obras como Donde lieta Usci, Canción de la Luna, O Mio Babbino Caro ou Carceleras, entre outros grandes temas.

 

Entre os teatros e auditorios máis importantes de España nos que ten actuado a nosa soprano cabe mencionar o Auditorio Nacional, Teatro Monumental e Teatro de La Zarzuela de Madrid, Arriaga de Bilbao, Palacio da Ópera de A Coruña, Villamarta de Jerez, Cervantes de Málaga, Campoamor de Oviedo, Palacio de Festivales de Santander, Palau de la Música de Valencia, etc., así como na maioría dos auditorios de Galicia e os máis importantes de cidades como Palma de Mallorca, Tenerife, Las Palmas de Gran Canaria, Granada, Valladolid, etc.

 

Teñen sido numerosas as súas actuacións no estranxeiro destacando o concerto inaugural do Festival Don Quichotte de París no Vingtième Théâtre ou a Bienal de Música de Toulouse, así como Buenos Aires e Mar del Plata en Arxentina, Caracas e Valencia en Venezuela, Salvador de Bahía en Brasil, Siena e Venecia en Italia, A Habana en Cuba, ademáis de cidades de Alemania e Portugal.

 

Pola súa banda o tenor valencián Javier Palacios ten sido premiado en diversos concursos internacionais de canto, como o Concurso Nacional de Canto de Logroño, Concurso Internacional Manuel Ausensi de Barcelona, Concurso Internacional As.Li.Co de Milán, ademáis de outros galardóns. A súa traxectoria profesional teno levado por teatros de ópera e auditorios de todo o mundo.

 

A Orquesta Vigo 430 recibíu o premio Martín Códax da música no ano 2014 e colabora habitualmente con grandes solistas de talla internacional, realizando ademáis diversas grabacións discográficas, apoiando activamente a nova creación musical, con estreas de novas obras ou incluíndo no seu repertorio a compositores galegos contemporáneos.

 

Os e as interesadas en reservar butaca na Feira Vella poderán facelo no número de teléfono 618 705 635 ou no mail auditoriomunicipal@ponteareas.gal