A Concellería de Cultura, Turismo, Lecer e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a cidadanía a desfrutar da programación cultural que se desenvolve nos centros e casas culturais das parroquias.
Co obxectivo de ofrecer unha programación cultural para todos os públicos e en todas as parroquias a concellería convida a toda a cidadanía a gozar da actuación da banda de música “Escola Unión de Guláns” que terá lugar na casa cultural Antorcha, Cristiñade, este domingo día 16 ás 12:30 horas.
Pola tarde, ás 18:00 horas nesta mesma casa cultural haberá teatro co grupo de teatro de Celeiros que porá en escea “Véndese burra!”.