Divernadal abre as súas portas na Praza Maior para os nenos e nenas de infantil e primaria

A concellería de Ensino e Participación Cidadá que dirixe Cristina Fernández informa que con motivo da tempada de nadal porá a disposición de todas as familias actividades infantis que terán lugar na carpa da Praza Maior para que os adultos poidan realizar as compras no comercio local mentres os cativos e as cativas xogan e aprenden acompañdas de dúas monitoras de tempo libre. 

“Divernadal” estará aberto de 17 a 20 horas os días 7, 9, 14, 15, 21, 28 e 29 de decembro.

Actividades lúdico didácticas que farán das tardes de nadal momentos nos que facer novas amizades, adquirir habilidades e agardar entretidos mentres os maiores fan as compras de nadal.