Día mundial dos dereitos dos consumidores

DSC_0051A Concellería de Consumo, que dirixe Dª. Marisol Valado, recorda aos vecinos  que o  15 de marzo do ano 2014 celebramos o Día Mundial dos Dereitos dos  Consumidores. Os principais dereitos básicos recollidos pola Lei  para a defensa dos consumidores e usuarios  resúmense en:

  • O dereito á protección da saúde e seguridade.
  • O dereito á protección dos intereses económicos.
  • O dereito a unha información e educación en materia de consumo.
  • O dereito á representación, consulta e participación.
  • O dereito á protección xurídica e á reparación de danos.

Este ano con motivo de  celebrar o Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores,  comunicase a todos os veciños de Ponteareas que teñen a súa disposición a oficina da O.M.I.C. sita en Servicios Sociais, na rúa de Oriente, nº: 8 , onde contan coa responsable do devandito  servizo para informar sobre calquera  consulta ou dúbida que teñan  sobre os dereitos dos consumidores.

O día  14 de marzo,  venres e día de feira en Ponteareas,  a O.M.I.C. sae a rúa en horario de 10:00 h. a 14:00 h con información a pé da rúa para os vecinos e veciñas, cun posto informativo na rúa de Oriente , peatonal, fachada de Servicios Sociais.