Desfile dos xigantes e cabezudos e II Concurso de Karaoke, este domingo en Ponteareas

Tripticos Setembro ok.cdrOs tradicionais xigantes e cabezudos das Festas de Setembro sairán novamente ás rúas de Ponteareas este domingo, día 20 de setembro,  ás 17:00 horas para facer o pasacalles tradicional, deixándose acompañar polos máis cativos do municipio.

Seguidamente, ás 18 horas, a Praza Maior de Ponteareas será o escenario do II Concurso de Karaoke ” Festas de Setembro”. En caso de choiva, levarase a cabo este concurso no Auditorio Reveriano Soutullo.