Descubre os planetas en familia e sen saír da casa!

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, en colaboración coa mestra de primaria e escritora Susana Lamela, actualiza a súa proposta de recursos lúdicos para facer do tempo no fogar un tempo de calidade. Ciencia, experimentos, vídeos, cultura, gargalladas e aventuras a tan só un clik http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Recursos-educativos.pdf

No botón “recursos lúdicos e educativos” da páxina web do Concello de Ponteareas atoparás unha ampla variedade para o teu tempo de lecer con actividades divertidas individuais e grupais dirixidas a infantil e primaria.

Hoxe martes, poderás experimentar e viaxar polos planetas se quedas na casa. Aproveita o teu tempo! Xoga e aprende! http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Recursos-educativos.pdf