A deputada Marta Iglesias inaugurou o curso de Linguaxe de Signos impartido na asociación ADAPTA de Ponteareas

IMG_9447-ADAPTAA deputada provincial Marta Iglesias inaugurou o curso curso Linguaxe de signos, incluído no programa ‘Pensa en Ti’, que se impartirá na asociación ADAPTA de Ponteareas. O acto contou coa presenza – do alcalde de Ponteareas, Salvador González; a concelleira de Servizos Sociais de Atención Primaria, Mª Soledad Valado; a presidenta da Asociación ADAPTA, Montserrat Cuevas; e o Presidente da Federación COGAMI Pontevedra, Anxo Holguera.

A visita incluíu tamén un revisión dos equipos de rehabilitación para fisioterapia que utiliza está asociación e que están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

A Fundación ADAPTA inicia o curso de Linguaxe de Signos, enmarcado no programa de Deputación “Pensa en ti” conta con 25 alumnos e impártese nas instalacións de Asprodico en Ponteareas todos os martes e xoves ata o 19 de marzo
Dando comezo a semana pasada nas instalacións do centro Asprodico (Barrio Canedo s/n),

Un total de 17 asociacións de Ponteareas organizan cursos do ciclo ‘ Ti tamén contas’ e 28 colectivos fano do programa ‘Pensa en ti’, dedicados á ocupación do tempo libre.

O Concello ponteareano acolle un total de medio centenar de cursos de 30 disciplinas diferentes, que están a ser desenvolvidos nun total de 45 asociacións do municipio e nos que participarán preto dun millar de persoas.
No acto, a deputada Marta Iglesias agradeceu o labor da asociación ADAPTA e animou os seus directivos a continuar contando coa Deputación para a organización de ciclos formativos. A Administración provincial financia cursos do programa ‘Pensa en Ti’ neste colectivo ponteareano dende o ano 2012, con temáticas tan diversas como a Ximnasia de Mantemento, Informática de usuario práctico avanzado ou o actual de Linguaxe de Signos. Por outro lado, a colaboración da Deputación con ADAPTA en diversas actividades e atención das súas necesidades contou cun investimento superior aos 33.000 euros nos últimos anos.

Marta Igrexas tamén mostrou a súa satisfacción polo éxito de participación nesta actividade formativa, resaltando que “dende Deputación seguimos moi de preto e apoiamos economicamente todas as causas que permitan unha maior integración social, tanto no ámbito laboral coma no desenvolvemento persoal; de feito nos últimos anos investimos importantemente nos colectivos de discapacitados”.
O alcalde de Ponteareas engadiu “para min é un orgullo que Ponteareas acolla actividades formativas de vital importancia como esta, que permitan a comunicación con persoas que non poden comunicarse naturalmente, mostrou a gratitude do concello coa Deputación polo seu labor de axuda cara a colectivos representativos como os maiores ou os discapacitados.
“. Mª Soledad Vallado puntualizou que “ademais este curso é puntuable en oposicións, algo que suma un interese engadido”.

 

A Asociación de Discapacitados do Condado Paradanta -Adapta-, entidade que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Minusvalidez -COGAMI- imparte este curso co financiamento de Deputación de Pontevedra, a través do programa “Pensa en ti”.
Montserrat Cuevas e Anxo Holguera, presidentes de ADAPTA e COGAMI respectivamente, manifestaron a necesidade de que as Administracións Públicas sigan colaborando economicamente, con todas aquelas actividades que faciliten a integración ás persoas con minusvalidez.
Ao longo de 15 xornadas repartidas en sesións de 2 h, os martes e xoves ata o 19 de marzo, os 25 participantes procedentes de Ponteareas, Porriño ou Vigo, entre outros municipios, poderán adquirir os coñecementos básicos para a conversación con persoas con minusvalidez comunicativa oral. Unha das características que fan que este curso sexa moito máis especial é que o profesor que o imparte é cego, aínda que non por iso as súas clases poidan ser menos instrutivas, se non todo o contrario, xa que nos dá unha visión e claro exemplo de integración social.
A Administración Provincial achega nestes momentos 3,5 millóns de euros anuais ao desenvolvemento de políticas sociais no sur da provincia, dos cales 1,6 millóns son axudas directas a colectivos de apoio a persoas con necesidades, e máis de 700.000 serven para as asociacións envorcadas nas emerxencias sociais. En concreto, o desenvolvemento dos cursos de ocupación para maiores teñen reservado un investimento próximo aos 600.000 euros no presente exercicio económico.
 

En concreto, 17 asociacións de Ponteareas organizarán cursos do ciclo ‘ Ti tamén contas’ e 28 colectivos farano da programación ‘Pensa en ti’. O primeiro é un programa dedicado á promoción das relacións sociais das persoas maiores e á cobertura do seu tempo de ocio. O ciclo ‘Pensa en ti’ está envorcado sobre a concienciación das mulleres e dos homes sobre o seu papel na sociedade actual, o fomento do desenvolvemento persoal ou de grupo, a mellora da calidade de vida ou a mellora da integración social e a loita contra o illamento.

 

O ano pasado os dous programas de ocupación do tempo libre para maiores implicaron o desenvolvemento de preto de 550 cursos na provincia, nos que participaron máis de 8.600 persoas.