A Deputación Provincial apoia a asociación Adapta

concelloA “Asociación de Discapacidados do Condado-Paradanta ADAPTA”, ven de recibir una nova axuda do departamento de acción social da Deputación Provincial.

A Asociación Adapta, ten a súa sede o centro de disminuídos psíquicos “Aprodico”, do concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Servizos Sociais-Atención Primara que dirixe Marisol Valado,

A concesión da axuda, por una contía de 5.000 euros, foi entregada aos representates da citada asociación, pola Deputada Provincial Marta Iglesias, acompañada polo o alcalde Salvador González Solla e a concelleria de servizos sociais-atención primaria Marisol Valado.

Esta axuda está destinada a obras de mellora da accesibilidade as instalacións e tanto  a deputada como o alcalde subliñaron o esforzo que dende a Deputación Provincial e  Concello de Ponteareas, se está a facer en pro dos discapacitados, destacando nesta caso os mais de 27.000 euros destinados a diferente proxectos e programas da asociación como: programa de integración social para persoas con discapacidade, adquisición aparatos fisioterapia, equipamientos de servizo de rehabilitación e fisioterapia ou as actuais obras de mellora de accesibilidade.

Pola súa banda, a concelleira Valado, destacou que “dende a concellería seguirá apoiando todas aquelas iniciativas e programas que coma este revirtan nunha mellora das  condicións sociais, personais e materiais dos discapacitados”