A Deputación destina 1 millón de euros ós concellos para actividades de promoción cultural, social e deportiva

depoOs concellos disporán ata comezos de febreiro para solicitaren as axudas

A Deputación de Pontevedra aprobou as bases que regularán o Plan de Acción Municipal 2015 co obxecto de apoiar os concellos da provincia na organización e financiamento de actividades de carácter social, cultural e deportivo.

A Administración provincial destinará a esta finalidade unha achega de 1 millón de euros, que os concellos poderán solicitar desde o día seguinte á publicación das bases ata comezos do mes de febreiro.

As axudas van destinadas ó financiamento de tres grupos de actividades orientadas á dinamización social, cultural e deportiva das entidades locais.

No ámbito cultural financiaranse actividades de difusión, artísticas, lúdicas e formativas, e na área deportiva poderán contar con apoio económico a organización ou participación en eventos deportivos, as actividades de fomento do deporte e as de formación deportiva.

No eido social poderán acollerse a esta liña de axudas as iniciativas destinadas á atención a persoas en risco de exclusión social, as de promoción de hábitos saudables e prevención de drogodependencias, a detección e atención

http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-la-diputacion-destina-1-millon-de-euros-a-los-ayuntamientos-para-actividades-de-promocion-cultural-social-y-deportiva