Deportes instala dúas cadeiras para árbitros nas pistas de tenis

A concellería de Deportes que dirixe Benito Márquez recorda á cidadanía que ata o 1 de xullo todos e todas podemos desfrutar o IX Open de Tenis Vila do Corpus que se celebra nas pistas da Freixa.

Nesta nova edición, a organización conta con dúas cadeiras para árbitros facilitadas pola concellería de Deportes. “Coa mellora da iluminación nas pistas e coa instalación de dúas cadeiras para árbitros que permite colocalas para os eventos deportivos e logo retiralas aportamos, en cada edición, unha mellora”, explica Márquez.