Demostracións en vivo e obradoiros de poda na II Mostra de Bonsais

A concellería de Cultura e Turismo do concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar na II Mostra de Bonsais. 

Tralo éxito da primeira mostra, a concelleira de cultura, Hortensia Bautista, abre as portas do museo municipal a esta mostra de bonsais que se completa con obradoiros e demostracións en vivo.

O sábado día 1 e o domingo día 2 de setembro de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas poderase visitar a exposición de bonsais. O sábado terá lugar tamén o obradoiro de iniciación á poda e o domingo a demostración de traballos de madeira morta impartido por Andrés Bicocca.

Todos os interesados e interesadas poderán obter máis información na biblioteca municipal. A entrada para a exposición será polo parque da Perillana.