DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CO MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI

Dende que en 1969 se produxeron os disturbios de Stonewall en Nova York (Estados Unidos) a comunidade mundial celebra, cada 28 de xuño, unha xornada de reflexión co obxetivo de visibilizar valores universais tales como a igualdade, o respeto, a diversidade, a liberdade e a non discriminación.

A pesar do progresivo recoñecemento dos dereitos das persoas LGTBI no sistema de protección de dereitos das Nacións Unidas nos últimos trinta anos e particularmente, en Europa, non é menos certo que, hoxe en día, a diversidade sexual segue sendo víctima dunha brutal intolerancia e discriminación sufrida, en diferentes formas e manifestacións, por lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais.

É preciso avanzar hacia o recoñecemento e protección universal da diversidade sexual, desenvolvendo políticas públicas e implementando servizos que aseguren a igualdade efectiva de todalas persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero, como elemento esencial para a convivencia, o progreso e o desenvolvemeto social e económico sostible.

E, precisamente, é nese contexto de igualdade efectiva donde os Gobernos Locais, porta de entrada directa e real do sentir da cidadanía, estamos chamados a xogar un papel clave para garantir a convivencia cidadá e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais.

Os Concellos reclamamos o noso papel como axentes esenciais no diseño e o desenvolvemento de políticas trasversais e estratéxicas que garantan a igualdade de trato e a non discriminación.

Por todo o exposto, a Corporación Municipal ACORDA:

O Concello de Ponteareas recoñece a necesidade de invertir en políticas en favor da diversidade sexual e a non discriminación das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero a través do desenvolvemento de programas e proxectos de atención, información, formación e sensibilización que fagan das nosas cidades e pobos espazos seguros para a diversidade sexual.

O Concello de Ponteareas reafirma o compromiso cos dereitos humáns e, en consecuencia, co principio de igualdade efectiva entre as persoas, do que forma parte a diversidade sexual, así como da non discriminación das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero, recoñecendo os avances neste marco, ao tempo que reiteramos a nosa firme determinación de avanzar na superación das barreiras que aínda perviven hoxe en día.

O Concello de Ponteareas manifesta a preocupación e condena ante o aumento de número de agresións hacia persoas LGTBI no noso país e traballaremos dende o noso ámbito para responder adecuadamente a esta situación.

Non son posibles as políticas de igualdade sen os Concellos. Por ese motivo, reivindicamos a necesidade de dotar as Entidades Locais de competencias nesta materia así como de suficientes medios e recursos para, en colaboración co Goberno Central e a Xunta, asegurar a implementación adecuada de todas as políticas e iniciativas necesarias para garantir a igualdade efectiva das persoas nos nosos pobos e cidades.

 

Ponteareas, 5 de xuño de 2017