A decimo novena edición do Festival Algazara leva ao auditorio Reveriano Soutullo o mellor folk de balde

O vindeiro sábado 29 a partir das 19.30 horas subiranse ao escenario o grupo folclórico Aldaba de San Lorenzo del Escorial e o dúo formado por a violinista Begoña Riobó e o guitarrista e bouzouki Xosé Liz, amais da agrupación folclórica Algazara de Celeiros, organizadora do evento

p1030402-1

A Asociación Folclórica Algazara celebra o décimo noveno aniversario do seu particular festival o vindeiro sábado, 29 de outubro, a partir das 19:30 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo. Son 19 anos de actividade co que levaron o nome de Ponteareas e o folclore por Asturias, País Vasco, Arágón, as illas Canarias, Cantabria, Castela, Cataluña ou as illas Baleares.

Nesta edición, ademais da súa actuación, virá o grupo folklórico Aldaba da localidade madrileña de San Lorenzo del Escorial. Son un grupo de baile, acompañado dunha rondalla composta por bandurrias, laúdes, guitarras, solistas, coros e percusión, así como instrumentos típicos da tradición castelá como a dulzaina e o tamboril. Tamén estarán nesta edición a proposta do dúo formado pola violinista Begoña Riobó e o multiinstrumentista Xosé Liz, ambos os dous recoñecidos músicos de prestixio nacional e internacional no ámbito galego e as músicas celtas.

O evento, que conta coa colaboración do Concello de Ponteareas e da Deputación de Pontevedra, ten entrada gratuíta.