A débeda acumulada do Concello de Ponteareas redúxose nos últimos dous anos en 4,5 millóns de euros

logoDespois de presentada a liquidación da Conta do exercicio 2013, esta reflexa un axeitado manexo dos fondos de que dispuxo este Concello que ascenderon a 12,97 millóns de euros e que non foron gastados na súa totalidade xa que os gastos ascenderon no ejercicio a 11,39 millóns de euros, obtendo así un aforro neto que ascende a 1,57 millóns de euros, o que significa un Superavit que permitiu a este Goberno facer fronte a unha parte moi importante das débedas de anos anteriores, reducíndose así a débeda acumulada deste Concello.

Por outra banda este Concello ten Remanente de Tesourería negativo que representa un desaforro económico o longo dos anos, e que este Goberno nos últimos dous anos reduxo en 4,5 millóns de euros. Ainda así este Concello continúa tendo negativos, -9,5 millóns de euros, e segundo o artigo 193 do TRLRHL esixe a Corporación a adoptar as medidas necesarias para equilibrar esta situación.

grafico_debeda

Esta situación de desequilibrio está agravada porque nese importe de déficit de 9,5 millóns de euros hai un volume de débeda por importe de 3 millóns de euros que ainda que está na contabilidade, está pendente de imputar a distintos exercicios económicos  na medida en que os axustes levados a cabo por este Goberno vaian dando os resultados positivos esperados.

A única alternativa que tiña este Concello era a aprobación dun Plan de Saneamento económico-financiero, medida que este Goberno elaborou e foi aprobado no Pleno municipal de decembro de 2013 cos votos a favor do grupo do Goberno e do grupo municipal ACIP, e os votos en contra dos grupos do BNG e do PSOE, grupos da oposición que dín preocuparse pola situación deste Concello, e que dín estar implicados na reducción das débedas, cando o único que fan e non aportar solucións e por riba utilizar a demagoxia criticando a este  Goberno de inactividade.

Este grupos da oposición son os mesmos que en xuño de 2012 votaron en contra dun Plan de Axuste para este Concello, que permitiría obter liquidez suficiente para pagar as débedas pendentes os proveedores e poder devolver así dita cuantía o Estado nun prazo de dez anos e non de cinco como o está facendo agora o Concello, co cal non teríamos os problemas de liquidez que agora existen.

BNG e PSOE, son os mesmos que volveron a votar en contra doutro Plan de Axuste no ano 2013, e son os mesmos que votaron en contra da adopción de medidas que este Goberno propuxo en materia de reducción de gastos.

E o mais curioso todavía, é que o saneamento tan reclamado polos Sres do BNG e o PSOE para este Concello, chegado o momento, son os que non aportaron nada de nada nas distintas reunións mantidas con eles dende agosto do ano 2012, e que no Pleno de decembro do ano 2013 votaron en contra do Plan de Saneamento Económico-Financeiro presentado polo Goberno, co informe favorable do Interventor municipal.

O que chama a atención a este Goberno, é qué entenden os Sres do PSOE e do BNG por responsabilidade.

A Concelleira de facenda, Belén Villar, manifestaba que a realidade é que con todas as medidas postas en marcha por este Goberno, no que vai de lexislatura redúxose a débeda acumulada deste Concello en 4,5 millóns de euros. Esta milloría ven dada polo aforro que se produce cada ano resultado da liquidación presupuestaria, e pola asignación deses recursos a facer fronte as débedas atrasadas.

Segundo a Concelleira, o que este Goberno pretende non é nin mais nin menos, que atender todos os pagos, tanto presentes como do pasado, para o cal é imprescindible seguir loitando para que o Ministerio reduzca a retención que nos está a aplicar do 50% na participación dos ingresos do estado que este Concello está a deixar de percibir, en definitiva para que esta retención pase a reducirse o 25%, medida contemplada no Plan de Saneamento Económico Financeiro.

Ademais a concelleira de Facenda Belén Villar, quere contestar o Sr Represas do BNG, tralas manifestacións que fixo esta semana nos medios de comunicación, que o escrito que se recibiu no Concello do Ministerio en xaneiro de 2014 non dí nada respecto a avalar ou non o Plan de Saneamento Económico-Financeiro 2014-2016, o que decía era que se enviase unha serie de documentación actualizada, como así xa o fixemos remitíndolles Certificados de non existencia de débedas coa Axencia Tributaria, coa Facenda da Xunta e coa Seguridade Social.

E por último, Villar recórdalle o Sr Represas que a medida de reducción da retención do 50% o 25% na Participación dos ingresos do Estado que percibe este Concello, xa foi avalada polo Ministerio no mes de Outubro de 2013, cando informou favorablemente o Plan de Axuste, onde esta medida xa estaba incluida. O que parece mais que claro, afirma Belén Villar, é que os Sres do BNG disfrutarían con ver que este Concello non mellora, pero como a realidade non é esa, o que fan é mentir e confundir os veciños de Ponteareas.