Davila e Gogue aledarán o día nas rúas de Ponteareas

As prazas e rúas de Ponteareas alegrarán o día aos peóns que poderán gozar da exposición itinerante “Ilustrando. As historias do noso día a día” que recolle algunhas das viñetas publicadas por Faro de Vigo polos humoristas gráficos do decano, Luis Davila e Gogue.

O alcalde de Ponteareas acompañado de distintos concelleiros e concelleiras do goberno inaugurou a exposición xunto ao director do Banco Sabadell en Ponteareas que colabora coa exposición, Jorge Pino Suárez; o director comercial de Faro de Vigo, Luis González e o resposable comarcal do rotativo, Gabino Porto, así como o xerente de Faro de Vigo, Pedro Vigo.

Nas rúas Constitución, Oriente e Esperanza e na praza Maior poderase desfrutar desta exposición que exemplifica con humor as historias cotidiás de Galicia. A o longo de todo o mes teremos a ocasión de rir co humor do creador de Bueu e co veterano viñetista do Grove.