David Sánchez González, licenciado en Historia, obtivo o VI Premio de Investigación Fermín Bouza Brey.
O pasado xoves, 10 de xullo, reuniuse o xurado nomeado para o Premio de Investigación Fermín Bouza Brey na súa sexta edición. Tras unha ampla deliberación acordouse conceder o premio ao traballo presentado co titulo:
“Unha aproximación ó contrabando na comarca de O Condado no século XX de David Sánchez González.
O xurado valorou especialmente na obra premiada a temática que resulta atractiva, ademáis de ser un tema inédito na historiografía local de Ponteareas.
Así mesmo o xurado quere destacar o elevado nivel académico da maioría dos proxectos presentados.
Este premio, que esta dotado con 3.000 euros, lembra o nacemento na vila de Ponteareas do ilustre poeta e polígrafo D. Fermín Bouza Brey.