David Sánchez entrega o traballo “Fermín Bouza Brey 2014”

entrega-traballo-bouza-breyO gañador do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey, David Sánchez González, vén de entregar o traballo que lle valeu este recoñecemento por parte do xurado o pasado mes de xullo de 2014. Fíxono en presenza do alcalde ponteareán, Salvador González, e do Concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro.

Baixo o título “Unha aproximación ao contrabando na comarca de O Condado no século XX”, a obra pretende ser pór en valor a figura do e da contrabandista, que o autor considera “marxinada e maltratada do imaxinario galego a pesar de se converter nun dos actores principais que fixeron posible o abastecemento das casas e mercados da comarca”.

David Sánchez asegura que o seu traballo “constitúe unha homenaxe a todas aquelas persoas que viviron na Galicia dos anos máis escuros, nos cales o contrabandista pasa a ser unha persoa que non dubida en arriscar a súa vida por mellorar a súa situación familiar”.

Andrés Sampedro, concelleiro de Cultura, aproveitou para anunciar que en poucas datas porá en marcha a convocatoria da quinta edición dos Premios Fermín Bouza Brey.