Danza, música galega de raíz, tradición e vangarda co espectáculo de Nova Galega de Danza

Este luns día 28 o parque da Feira Vella acollerá o espectáculo de Nova Galega de Danza. O prezo da entrada é de 5€ e as persoas interesadas poderán mercala o sábado de 11 a 14 horas no auditorio municipal ou o propio luns na Feira Vella a partir das 19 horas. Este espectáculo enmárcase dentro do convenio que a concellaría de Cultura ten con AGADIC e que permite a toda a cidadanía gozar das mellores e máis exitosas propostas culturais a prezos reducidos. 

Música de raíz galega, danza e vangarda no escenario da Feira Vella e baixo estrictas medidas de prevención que garanten a seguridade sanitaria e o distanciamento.