A concellería de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas, que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, convida a toda a veciñanza a desfrutar este domingo día 6 ás 20 horas dun novo espectáculo dentro do convenio do concello de Ponteaeras co AGADIC.
O auditorio municipal acollerá a actuación da compañía de danza Fran Sieira que porá en escena “Entre Soños”. A venda de entradas será o sábado de 11 a 14 horas e o domingo de 17 a 19:45 horas e o custe de cada unha é de catro euros.