A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó informa que está aberto o prazo de inscrición para a acción formativa “Programación web con software libre. Web development bootcamp” dentro do proxecto MILLENNIALS, iniciativa da Deputación de Pontevedra.
Destinado a persoas mozas de entre 16 e 30 anos en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil está aberto xa o prazo de inscrición. As persoas interesadas tan solo deben encher este formulario:
https://www.depo.gal/-/proyecto-millenials-acciones-formativas-programacion-web-con-software-libre-web-development-bootcamp
O curso, de 316 horas, realizarase no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) na aula de informática entre o 17 de setembro ao 19 de novembro. 316 horas das cales: 200 horas lectivas, 16 horas de titorías técnicas e de empregabilidade, e 100 horas de carga estimada de traballo do alumnado en proxectos individualizados.
Millennials enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de Garantía Xuvenil.
Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.
Miguel Bouzó explica que esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.