Curso de balde para mocidade sobre técnicas de busca de emprego

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Mocidade que dirixe Verónica Carrera, e dentro das actividades que periodicamente organiza para os mozos e mozas de Ponteareas, vén de organizar un curso de busca de emprego, que empezara o vindeiro 9 de maio.

O obradoiro de busca de emprego terá lugar na Sala de Usos Múltiples da Auditorio Municipal os días 9,13 e 20 de maio, en horario de 17:00 h. a 21:00 h.

– Mellorar o seu nivel de motivación

– Favorecer o autocoñecemento e a análise das propias capacidades, habilidades e limitacións.

– Dominar determinadas técnicas de busca de emprego, como cartas de presentación , o currículo, a entrevista persoal,…

Este curso de busca de emprego é totalmente gratuíto como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX de Ponteareas, e os interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición ou mesmo solicitar máis información sobre esta actividade no teléfono 672 105 468.

Ademais, Verónica Carrera, convida a toda a mocidade a participar na actividade de parkour que este venres día 10 terá lugar no parque da Feira Vella de 18 a 21 horas para un máximo de corenta participantes. Ao igual que para o curso de busca de emprego, poderase obter máis información na OMIX ou non teléfono 672 105 468.