Curso de alfabetización dixital e busca de emprego para mulleres maiores de 16 anos

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, abre o prazo de inscrición para o curso de alfabetización dixital e busca de emprego para mulleres maiores de 16 anos de idade. Do 8 ao 23 de abril as interesadas deberán matricularse no Centro de Información á Muller (CIM) ubicado na rúa Oriente e aberto de 09 a 15 horas de luns a venres, ou no número de teléfono 981 57 64 69.

O curso impartirase no CIM de Ponteareas o venres 26 de abril e 3 de maio de 10 a 13 horas e a segunda quenda o sábado 27 de abril e 4 de maio de 10 a 13 horas.

Esta formación está incluída no Plan de Igualdade que a concellería de Benestar Social deseñou con accións específicas para a muller e a concienciación.

Verónica Carrera explica que no plan de igualdade contémplanse varias liñas de actuación. Entre estas actuacións figuran o “fomento da equidade de xénero”, o “empoderamento persoal e colectivo” e actividades de educación afectivo-sexual entre o alumnado da ESO.

Ao longo do ano desenvolveránse actuacións como a de creación de pequenas empresas no rural para rematar coa discriminación no ámbito sociolaboral ou aquelas destinadas a fomentar a equidade de xénero entre a poboación adolescente, entre outras accións.