A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista financia ao 100% diferentes cursos de quince horas de duración.
Nestes intres están en marcha o curso de memoria en San Mateo, o de matemáticas danzada en Guláns e Moreira, o de cestería en Arcos e Moreira, o de cosmética e hixiene natural en Arcos, Canedo e Moreira, o de manualidades e reciclase en Guláns e o de pintura e debuxo en San Mateo e Santiago de Oliveira.
A piques de comezar e aínda con prazas libres, están os cursos de caracterización e automaquillaxe en Canedo e Xinzo, o de cosmética e hixiene natural que se celebrará en Bugarín e o de cestería en Areas.
A concellería de Cultura ven de pechar os cursos de memoria en Cumiar e Fontenla, hatha ioga en Cumiar, Guillade e Prado, creativarte en Cristiñade, Padróns, Prado e Santiago de Oliveira, caracterización en Cristiñade, cestería en Ribadetea e Xinzo e pintura e debuxo en Pías.
Cultura quere achegar ao rural actividades lúdico-didácticas para diferentes idades atendendo ás demandas da veciñanza que se poden inscribir nas propias casas rurais.