Cultura entrega os premios da II edición das xornadas de teatro do Amador Ponte-Teatro

A concellería de Cultura do concello de Ponteareas que dirixe Hortensia Bautista ven de entregar os premios da II edición das Xornadas de Teatro do Amador Ponte-Teatro.

Esta iniciativa que promociona os grupos de teatro e os seus actores e actrices permitíu ofrecer durante as fins de semana de outubro sesións de teatro a prezo reducido e agasallando ao público con premios a través de distintos sorteos.

O xurado outorgou o premio ao mellor decorado ao grupo “Petanaporta” pola posta en escena de “Ai Carmela”. O galardón para o mellor vestiario foi para o grupo de teatro Que2 que representou a obra “Cachodesqueches”. O mellor actor secundario pola súa interpretación na obra “Véndese burra” foi Antonio Álvarez. A mellor actriz secundaria pola súa interpretación de Ana na obra “Agora os vellos xa se poden namorar” para María Rita Morán. A mellor actriz principal polo papel  de Rudesinda na obra “Véndese burra” do grupo de teatro de Celeiros  para   Carmelinda Seoane. O premio ao mellor actor principal  polo seu papel na obra Ai Carmela do grupo “Petanaporta” para Paco Pernas. A mellor dirección recae no grupo “Que2” que representou a obra “Cachodesqueches” e o premio á mellor obra nesta II Mostra de teatro Ponte_Teatro para o grupo Pena do Equilibrio.

A concelleira de Cultura agradece a colaboración de todos os grupos participantes e recoñece o valor destes actores e actrices afeccionados grazas aos que se puido achegar á veciñanza unha mostra desta arte escénica.