Cultura convida á veciñanza a participar na Festa das Palabras

Co gallo da celebración do día 23 de abril a biblioteca municipal de Ponteareas dependente da Concellería de Cultura que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, agasalla aos usuarios e usuarias con libros viaxeiros. Estes libros, tanto infantís como de adultos, son agasallos que os usuarios e usuarias poden quedarse ou ben soltar despois da súa lectura para que outras persoas poidan gozalos

Ademais, a Biblioteca Pública Municipal organiza a Festa das Palabras o 25 de abril no Parque de Perillana ás 19.00H. Entre as actividades que se realizarán hai obradoiros pensados para os máis pequenos coma un taller de marcapáxinas ou colorear debuxos para facer un “cadáver exquisito”. Todos e todas as asistentes poderán participar na lectura do seu texto favorito que pode ser de creación propia ou dalgún libros, conto, relato, poema… que queiran compartir co público asistente. 

Ata o día das letras galegas poden enviar a recomendación co seu libro favorito ao washapt 673794762 ou ao e-mail bibliotecamuseo@ponteareas.es.

A Concelleira de Cultura Hortensia Bautista Fernández convida a todos os veciños e veciñas de Ponteareas a achegarse a biblioteca municipal a recoller o seu libro viaxeiro e a participar na actividade Festa das palabras. Actividades pensadas para por en valor os libros e a lectura.