A Concellería de Cultura, Turismo, Lecer e Normalización Lingüística dentro do programa Cultura24, leva o teatro, música, así como espectáculos de maxia a diferentes puntos e parroquia de Ponteareas para que toda a familia disfrute coas agrupacións do noso teatro a música e tamén magos recoñecidos do noso país.
A Maxia iniciouse a pasada fin de semana no Parque das Pombas e na parroquia de Prado con Leo Leíño e o Mago Paco respectivamente. O programa continua nas vindeiras semanas coas actuacións de diferentes magos en Moreira, o sábado 15 ( Mago Paco); Arcos, o domingo 16 (Ían e Elisa); Guillade o 27 co mago Paco, o 28 en Pías con Leo Leíño; o 29 Ían e Elisa levarán esa mesma tarde a Maxia a Ribadetea primeiro e posteriormente a Padróns,. Continuará en xaneiro, o día 2 na Carpa da Praza maior có gran espectáculo Circo miúdo de Sorrisos máxicos para rematar na biblioteca Municipal o día 11 con Ían e Elisa.
O programa cultura 24 incluíu as actuacións do Coro Cantemos en Areas, o grupo de teatro Ponte Caneiro de Fozara en S. Mateo o pasado mes de novembro.
Para este nadal continúa coas actuacións o domingo 16, do grupo de Teatro de Celeiros en Cristiñade ; e a música da Coral Ars Cantorum de Guillade, o sábado 28 en Prado e do Coro Cantemos o domingo 30 de decembro en Guláns.
Hortensia Bautista, concelleira de Cultura, convida a toda a cidadanía a participar nas actividades que dentro do programa Cultura 24 se desenvolven por diferentes puntos do noso concello.