Cuarta edición da carreira Atmósfera Sport

A asociación Atmósfera Sport Ponteareas, en colaboración coa concellería de Deportes, dirixida polo socialista Benito Márquez, organiza o domingo día 13 de maio a IV carreira Atmósfera Sport, na que poderán participar todas as persoas, federadas ou non, que así o desexen inscribíndose previamente antes do 28 de abril a un prezo/inscrición de 6€ e do 30 de abril ao 8 de maio de 9€ na web de Championchip norte https://championchipnorte.com ou presencialmente nas instalacións de Atmósfera Sport en Ponteareas. 

A proba está aberta a todos e todas as atletas que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento da proba. 

A hora prevista para a saída será ás 10:30 horas para os máis pequenos e pequenas e ás 11:30 horas para a carreira absoluta cun remate estimado sobre ás 13 horas. 

O percorrido que será totalmente urbano contará será de 5 km para a mocidade e de dez km para o resto.

O concelleiro socialista de Deportes, Benito Márquez, agradeceu á organización o seu traballo constante por levar a cabo un ano máis esta carreira, que xa é un referente na nosa vila e animou a toda a veciñanza a participar neste evento.