Cristian Crajner de Sa, do Reino Unido, resultou gañador do “I Concurso Internacional de Xoves Violinistas”, dentro do III Festival Groba

finalistas violin_nO “I Concurso Internacional de Xoves Violinistas” celebrado o xoves, día 13 de agosto, dentro do programa do III Festival Groba contou coa participación de Elea Nick (Suíza), Reina Shibutani (Xapón), Cristian Grajner (Reino Unido), Mitsuhiro Shimada (Xapón) e Julen Zelaia (España).

Estiveron acompañados na súa interpretación pola Orquestra de Cámara Galega, e arroupados por un público que os animou cos seus aplausos. Tras a actuación e durante a deliberación do xurado, todos os concursantes recibiron un diploma acreditativo da súa participación no certame. A continuación subiron ao escenario os finalistas e, ante o xurado, recibiron os galardóns correspondentes: primeiro premio para Cristian Grajner de Sa; segundo premio para Julen Zelaia Zía, e premio especial para intérpretes menores de 18 anos concedido “ex-aequo” a Elea Nick e Mitsuhiro Shimada.