A Corporación Municipal de Ponteareas aprobou a adhesión de Ponteareas á sección de “Concellos con intereses turísticos”, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Copia de foto folletoA Corporación Municipal de Ponteareas aprobou, na súa sesión do día 21 de outubro, a adhesión de Ponteareas á sección da Fegamp “Concellos con intereses turísticos”. Desta sección de “Concellos con intereses turísticos”, formarán parte os concellos con distintivo de calidade, municipios declarados de interese turístico ou concellos con festas de interese turístico, como é o caso de Ponteareas, que conta co distintivo do seu Corpus Christi como Festa de Interese Turístico Internacional desde o ano 2009.
Desde o goberno local, búscase a través da citada adhesión fomentar e compartir cos demais concellos con intereses turísticos, distintos aspectos e relacións co obxectivo de difundir aínda máis, se cabe, a nosa tradición máis emblemática: o Corpus Christi.