Corporación de Ponteareas e Plataforma Veciñal instan a Fomento a adxudicar o contrato de mellora da iluminación na N-120

O goberno de Ponteareas e os grupos da oposición mantiveron onte un encontro coa  Plataforma Veciñal pola Mellora da Seguridade da N-120 para preparar os contidos da reunión que o Alcalde de Ponteareas solicitou coa demarcación de estradas do estado en Galicia. 

Nos vindeiros días, Goberno, Corporación e Plataforma Veciñal das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo  reunirasne cos responsables do Ministerio de Fomento en Galicia no que lle trasladarán a preocupación e o malestar da veciñanza ante a falta de concreción do ministerio, despois de que Jorge Urrechu, director xeral de estradas do Estado, anunciara no mes de setembro que estaban a punto de comezar as obras de mellora do alumeado público neste tramo cunha financiación de 220.000€.

No encontro de onte, celebrado no salón de plenos do concello destacou a preocupación dos representantes das tres parroquias afectadas polo retraso na adxudicación do contrato de mellora da iluminación. Todos os participantes concordaron en esixir que se cumprarn os compromisos adquiridos, ”sería imprescindible que as obras de iluminación estiveran feitas nos meses de inverno nos que hai menos luz natural”, maniestaron todos os asistentes á reunión.