Corenta xogadores do Club Billar Sportivo participan no Campionato Galego

Corenta xogadores do Club Billar Sportivo de Ponteareas participarán nos Campionatos Galegos que se xogarán no Concello de Lalín durante as fins de semana deste mes de xullo ( 7,8,9,14,15 e 16 de xullo ).

Os ponteareáns xogarán en diversas modalidades e categorías destacando os doce xogadores menores de catorce anos da Escola de Billar Sportivo e os xogadores veteráns que, ano tras ano, non faltan nestes grandes eventos obtendo moi bos resultados acadando máis de dez títulos galegos nestes últimos anos.

Os campionatos xogaránse no pavillón Lalín Arenas donde instalarán 39 mesas de billar para que participen máis de mil xogadores de toda Galicia.

Os xogadores do Club Billar Ponteareas queren agradecer aos seus patrocinadores e ao Centro Artístico Sportivo o apoio brindado.

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, deséxalles moita sorte a tódolos xogadores de Ponteareas e confía no seu bo facer sabendo que deixarán o nome de Ponteareas en postos altos.