A Coral do Centro Artístico Sportivo recoñecida nos premios “Gallegos del Año”

O  Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, asistíu ao acto de entrega dos premios “Gallegos del Año” que concedeu o xornal El Correo Gallego. Neste acto celebrado no Pazo de Congresos en Santiago de Compostela foi recoñecida a coral do Centro Artístico Sportivo que recolleu da man do seu director, Ángel Viro Caamaño, o galardón.

O traballo do director da coral e dos compoñentes en xeral foi aplaudido polos presentes, entre os que estaba o Alcalde de Ponteareas quen destacou a traxectoria da coral afirmando que o recoñecemento da coral do Centro Artístico Sportivo é unha satisfacción para toda a veciñanza.

Represas engade que o traballo destes colectivos é sempre moi valorado por transmitir o gusto pola música, polas voces e polas artes, un gusto que forma parte do patrimonio inmaterial de Ponteareas e que é unha das señas de identidade da cidade.