“Contos Express” na Biblioteca, o xoves 21 de maio

CONTO_EXPRESSO vindeiro xoves 21 de maio, a partir das 18:00 horas, terá lugar un espectáculo denominado “Contos Express” na Biblioteca Pública Municipal. Trátase dun contacontos dirixido ao público infantil a cargo de Sarabela Teatro, organizado polo servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro. A actividade tamén se atopa dentro do programa “Ler conto moito”, promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.