Contos e música en galego para os e as máis pequenas da casa

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, por mor do confinamento na casa, e non ser posibles as actividades do Programa APEGO, de socialización da lingua galega na infancia, quere achegar varias ligazóns nas que os e as máis cativas da casa poden gozar de contos e música en lingua galega.

Ligazóns sobre contos e música:

Programa APEGO de socialización familiar da lingua galega: https://apego.gal

 

Música en galego para a infancia e xuventude. “Radio Picariña”, da TVG,

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

 

Contos contados, de Kalandraka TV: http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

 

Cantos e contos dende o poleiro, da cooperativa Urdime: https://www.youtube.com/user/urdimevideos/videos

 

O Salón virtual do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde atopar música e contos: https://www.salondolibro.gal/salon-virtual