Continúan os traballos de mantemento do campo de fútbol de Pardellas

 

O Concello de Ponteareas continúa cos traballos de mantemento do campo de fútbol de Pardellas, uns labores “moi necesarios dada a alta utilización das instalacións por diferentes equipos, tanto para adestrar como para xogar partidos de competicións federadas”, como salientou o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

Os traballos de mellora consistiron no abonado e aplicación de tratamentos contra pragas e fungos a través dun proceso con abonado mineral de liberación controlada e coa aplicación de abonado-antiestrés.
As obras contaron cun investimento total de máis de 2.900 euros financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.