Continúa o III Festival Groba coa “Gala do Violín” este luns, día 10, ás 21 horas no Auditorio Reveriano Soutullo, para continuar os seguintes días, 11, 12 e 13 de agosto, co I Concurso internacional de Violín .

foto028- festival grobaMañá, martes, día 11 de agosto, terá lugar dentro do programa do Festival Groba, a fase eliminatoria do I Concurso Internacional de Violín. Esta primeira fase alongarase por espazo de dous días (martes e mércores) e terá lugar en ambos casos a partires das 19:30 horas. Nesta primeira fase participan un total de 18 violinistas chegados de diversos países (Italia, China, Reino Unido, Alemaña, Rusia, Xapón, Portugal, Suíza, Polonia e España), 9 cada xornada. Na súa actuación contarán coa colaboración ao piano de Kasia Wieczorek.

A final desenvolverase o xoves, día 13,dentro do horario habitual de concertos do Festival, a partires das 21:00 horas. Pasarán á fase final, en función do criterio dos membros do xurado, un máximo de cinco participantes, que actuarán acompañados da Orquestra de Cámara Galega.

O xurado está integrado por violinistas de recoñecido prestixio a nivel internacional: Clara Jumi-Kang, Jesús Reina, Elena Urioste, Rogelio Groba otero e Pablo Vidal.

As xornadas celebradas ata o de agora, protagonizadas pola Orquestra de Cámara Galega e as agrupacións corais Obradoiro Vocal A Vila e Coro Xuvenil Cantemos, tiveron un éxito importante acadando un che absoluto en cada un dos concertos, que en ambas ocasións remataron co público posto en pé e aplaudindo con entusiasmo as interpretacións.