As contas do ano 2012 reflexan un aforro nos gastos de 1 millón de euros, e unha reducción na débeda financeira

logoO Concello de Ponteareas celebrou a Comisión Especial de Contas a pasada semana, na que o dictame foi favorable, despois de que todos os grupos da Corporación municipal, PSOE, BNG e ACIP analizasen as Contas do ano 2012, e tivesen tempo para formular calquer tipo de cuestión e solicitar todas as aclaracións que precisaran.

Nesta Comisión a Concelleira de Facenda, Belén Villar, expuso os datos mais relevantes do ano, como é a reducción que se produxo no Remanente de Tesourería que pasa de -13 mill de euros no ano 2011 a -11 mill de euros no ano 2012, o que significa unha reducción das débedas históricas deste Concello.

A maiores, destaca Belén Villar, estanse a pagar as obrigas contraídas dentro do ano en curso, sendo este ano 2012 un 94% os pagos realizados fronte as obrigas contraídas.

Moi importante tamén é que pechouse o ano 2012 cunha importante depuración daqueles saldos que existían na contabilidade dende facía anos e que distorsionaban a realidade, e que se logrou coa aprobación dun expediente de prescripción de dereitos e obrigas que figuraban nas contas dos anos 1990, 1991, 1992, …., levado a cabo a finais do ano.

Nestas Contas do ano 2012 queda reflexado que as medidas e o esforzo que este Goberno está a facer en toda esta lexislatura están dando resultados, tal e como se aprecia na reducción do gasto en 1 millón de euros con respecto o ano anterior, xa que se pasou dun gasto de 11,2 millóns de euros a 10,2 millóns de euros no 2012.

A reducción de 1 millón de euros nos gastos, materializouse no capítulo de persoal que se rebaixou en 0,5 millóns euros dun ano para outro, grazas a eliminación de todas a empresas de traballo temporal, que incrementaban a plantilla de forma desmesurada, e o maior control no persoal municipal, coa implantación do sistema de fichaxe que permite o control das baixas e o absentismo.

A outra parte da reducción, outros 0,5 millóns de euros, está no control mais exhaustivo que se está a facer dende as distintas concellerías de todos os gastos, ben con novas licitacións de servizos que permiten aforros, como o Contrato de Telefonía, o Contrato de Fotocopiadoras e Impresoras, o Contrato dos Ascensores, e tamén coas melloras no Alumeado Público e no Alumeado das Instalacións municipais que nos leva a reduccións no consumo enerxético.

Finalmente destaca Belén Villar, seguimos afrontando os vencementos dos préstamos acumulados de anos anteriores como calquer fogar o que lle chega o fin do prazo dos seus préstamos, pasando as débedas financieras a reducirse en 327.000 euros, un 16%.