
Co obxectivo de promover a lectura, a concellaría de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba Bouza, convida a todos os cativos e a todas as cativas de Ponteareas a participar na actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas. Dentro do programa “Ler Conta Moito”, mañá martes 11 de agosto ás 11:30 h, actuará Pincanús Teatro, Carlos Coira, con “Abrapalabra”, un espectáculo de maxia e poesía.