Contacontos na Axencia de Lectura Municipal de Areas

Cartel Ras contos batraciosO vindeiro martes 27 de outubro, a partir das 18:00 horas, terá un lugar un contacontos na Axencia de Lectura Municipal de Areas, situada na Casa Cultural, Artística e Deportiva desta parroquia ponteareá.

O título do mesmo é “Ras! Contos batracios” e o nome do autor é Pablo Sánchez. A actividade servirá para conmemorar o Día da Biblioteca que tivo lugar o pasado 24 de outubro, é de balde, está dirixida a nenos a partir de 4 anos e terá unha duración estimada de 50 minutos. O autor empregará técnicas de dinamización con música, teatro e danza, apoiadas na narración oral.

Trátase dunha actividade promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, dirixida por Hortensia Bautista, e que se atopa dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, xestionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.