Contacontos na axencia de lectura de Xinzo

conto contigoCartel bibliotecaO mércores 14 de maio ás 4:30 da tarde terá lugar na Axencia de Lectua de Xinzo a actividade titulada “Conto Contigo” a cargo de Expresións Producións.

É unha actuación pensada para todos os públicos, especialmente para os nenos de 3 a 12 anos. Espectáculo con contacontos, monicreques, maxia e animación enfocado ó mundo dos libros.

Esta sesión de Contacontos está organizada polo programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia xunto co Concello de Ponteareas.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quere animar a todos os nenos e nenas de Xinzo a achegarse ata a Axencia de Lectura para gozar desta actividade pensada para promover a lecutra nesta semana adicada ao día do libro.